ROBERTO SÁNCHEZ BARREIRO

Clarinete

 

532713_443505498997154_1535330992_nNace o 8 de maio de 1984 en Valga, con trece anos de idade comeza os seus estudos de música con Jaime Barcala e posteriormente con José Padín.

Acada o Grao Profesional de clarinete no Conservatorio Profesional de Vigo da man do mestre Esteban Valverde e o Grao Superior de clarinete no Conservatorio Superior de A Coruña.

Ademais dos estudos regrados no conservatorio, aumenta os seus coñecementos realizando numerosos cursos de perfeccionamento do clarinete con Venancio Rius, profesor na Facultad de Música y Artes Escénicas y Centro de Alto Rendimiento Musical de la Universidad Alfonso X El Sabio e con Yehuda Gilad, profesor da University of Southern California.

Asistiu a cursos de dirección con David Fiuza Souto, Banda Sinfónica Armónica de Buñol; José Rafael Pascual Vilaplana, Banda Municipal de Bilbao; Simone Fermani, Conservatory of Music Giuseppe Verdi of Milan e Scuola Musicale di Milano; Francisco Navarro Lara, Orquesta Sinfónica de Huelva.

Tamén realizou estudos en xestión cultural.

A comezos do 2012 foi seleccioado para formar parte da Swedish National Orchestra Academy, na que tocou por toda Escandinavia baixo a dirección de prestixiosos directores como: Henrik Schaefer, Christian Zacharias, Petri Sakari, Kjell Ingebretsen, Chao-Chia Lü, Olaf Henzold, Tobias Ringborg, Ronald Zollman, Marc Soustrot e Eri Klas, entre outros.

Na actualidade traballa como profesor de clarinete na Escola de Música de Vilaboa, na ESMU e CMUS Municipais de Cambados e no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa.

Dirixe a Banda Xuvenil de Xinzo e forma parte do grupo de música tradicional Alvariza. Ocupa o cargo de Tesoureiro na Asociación Galega para o Estudo e Desenrolo do Clarinete (AGAC), colabora coa Banda de Música de Pontevedra e tamén co artesán “O Xaneiro” no deseño dos seus barreletes para clarinete.