Plan de estudos da Escola de música

As ensinanzas da Escola de Música non están submetidas a un plan de estudos regrado.O alumnado pode cursar só materias non instrumentais (Música e Movemento, Linguaxe Musical). Sen embargo, o máis habitual no caso do alumnado maior de 7 anos, é estudar un instrumento, para o que tamén debe cursar a materia de Linguaxe Musical e/ou participar nunha actividade de conxunto (instrumental ou vocal).
Os máis novos, poden comezar a partir dos 4 anos, coas actividades de Música e Movemento, e a partir dos 7 anos poden iniciarse na aprendizaxe de un instrumento.O alumnado da Escola de Música pode realizar a proba de acceso ao Conservatorio Elemental, ao acadar a idade mínima de 8 anos. Igualmente pode permanecer na Escola de Música recibindo formación musical especializada e complementaria, en réxime non regrado.
Materias de Formación Complementaria.
Música e Movemento
Actividades orientadas ao inicio das destrezas musicais: ouvido, medida, coordinación motriz, etc.
Os grupos confórmanse por idade e no seu caso por nivel de desenvolvemento, entre os 4 e os 7 anos.
As clases son de 60 minutos, e dúas sesións á semana.
Linguaxe Musical
A aprendizaxe da Linguaxe Musical ten un enfoque comprensivo, integrando os aspectos máis técnicos da lectoescritura, coa súa aplicación inmediata á práctica orquestral de conxunto e ao coro. Así, a matrícula en Linguaxe Musical inclúe segundo as idades e nivel de desenvolvemento, tres tipos de actividades estreitamente conectadas entre si:
Lectoescritura Musical: en tres niveis, segundo o nivel de competencia do alumnado. (60’ semana)
Práctica Instrumental Orff (60’ semana)
Coro (60’ semana)
Para o alumnado adulto
Para o alumnado adulto, a Escola ofrece a posibilidade de aprender linguaxe musical en un grupo específico, con un horario mellor adaptado,  (dúas sesión de 60’, por semana)
Agrupacións Musicais
O alumnado da Escola de Música, participa nas actividades de conxunto:Banda de Música Infantil e Xuvenil
Orquestra de Cordas
Conxunto de Guitarras
Conxunto de Acordeón
Coro