PABLO DOPAZO GONDAR

Tuba e Bombardino

 

259584_10150973373326825_1249060313_oNatural de Cambados (Pontevedra), é Licenciado en Música na especialidade de Tuba polo Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias (CONSMUPA), onde estuda co mestre Alfonso Mollá, rematando os seus estudos con Matrícula de Honra e Premio Fin de Carreira.

Estuda no Conservatoire National Supérieur de Lyon (Francia) con Mel Culbertson e Arnaud Boukhitine.

Obtén o Título Profesional de Tuba con Premio Extraordinario Fin de Grao no Conservatorio Profesional “Manuel Quiroga” de Pontevedra co profesor Manuel Martínez Villar.

Complementa a súa formación realizando o Master en Formación do Profesorado para Educación Secundaria.

O seu interese polo mundo do bombardino e os seus antecesores, como o serpentón e o ophicleide, ademáis da música antiga e contemporánea, lévano a profundizar nos seus estudos con recoñecidos profesores e solistas de nivel internacional, como son: Rex Martin, Stéphane Labeyrie, Michel Godard, Patrick Wibart, Aarón Zapico, Andreas Prittwitz, Günter “Baby” Sommer, Jens Bjorn Larsen, Perry Oogendijk, Steven Mead ou Shoichiro Hokazono, entre outros.

Realizou concertos e recitais como solista nos Estados Unidos, España, Portugal, Francia, Italia, Holanda ou Suíza.

É convidado regularmente como mestre en diferentes conservatorios, bandas de música e festivais para impartir cursos, seminarios ou master class. Das súas colaboracións con diferentes agrupacións podemos destacar as realizadas coas: National Youth Orchestra of the Netherlands, European Union Youth Wind Orchestra, Forma Antiqva, Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, Orquestra Nova Sinfónica do Principado de Asturias, Keep in Touch Tuba Project ou o Centro Dramático Galego.

O seu interese pola música dun xeito global lévano a traballar estreitamente con compositores e directores como: José Rafael Pascual Vilaplana, Jan Cober, Ernst Reijseger, Pietro Rizzo, Andrés Valero-Castells, Johan de Meij, Miguel Gil Ruíz, Edson Zampronha e Llorenç Barber.

Do mesmo xeito, cabe destacar a súa publicación EnfrentaDos (2012), un vídeo musical no que interpreta obras de Stockhausen e Bach ó bombardino, así como tamén o proxecto de investigacións In Freundschaft: Unha aproxicmación á composición por fórmula (2012), no que Pablo Dopazo trata de explicar a súa versión da obra In Freundschaft (Karlheinz Stockhausen) e a súa interpretación no bombardino.

Na actualidade exerce como docente na ESMU e CMUS Municipais de Cambados e no Centro de Formación Los Olmos, tarefa que compaxina cunha intensa laboura ofrecendo recitais e master class difundindo o bombardino, o ophicleide e o serpentón.