NELLY IGLESIAS RÍOS

Piano

 

nelly_imagen1Doctoranda en Xeografía, Historia e Historia do Arte (especialidade de Historia da Música) pola Universidade de Santiago de Compostela, compaxina os seus estudos co seu labor como directora e docente do Conservatorio Elemental e a Escola de Música Municipal de Cambados.

Nace en Burela (Lugo) no ano 1989. Comeza os seus estudos musicais aos 5 anos na Academia A Mariña, ingresando dous anos máis tarde no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, acabando o grao medio coas máximas calificacións.
No ano 2007 ingresa no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, continuando os sus estudos coas mestras Rosa María García Barcia e Alicia González Permuy. Ó mesmo tempo, acaba o grao medio de violín e amplía os seus estudos de piano coa recoñecida pianista rusa Olga Smouchina.

Acaba o Grao Superior participando en varios intercambios realizados polos conservatorios superiores de Vigo e Coruña, ofrecendo diversos concertos de cámara e participando coa Orquestra do Conservatorio Superior da Coruña estreando obras gañadoras do concurso de composición de gaita Constantino Bellón de Ferrol no teatro Jofre de dita localidade.

No ano 2011 accede ao Máster de Piano en Maastricht, Holanda, na Maastricht Academy of Music, dentro do Programa de estudos europeos da Hogeschool Zuyd, coa reconocida pianista belga, Phd. Katia Veekmans. Durante este tempo actuou como solista en varios festivais, obtendo boas críticas na prensa local. No plano camerístico destacan os numerosos concertos co sexteto “Sacra Sextet” e o “Trío Contrasts” en diferentes salas.

Dende o ano 2007 forma parte do Dúo Ars Longa, co trompista Nicolás Gómez Naval, ofrecendo concertos por toda a xeografía galega. Así mesmo, participan en diferentes concursos, alcanzando a final na I Mostra Musical Eixo Atlántico.

Recentemente participou no acto homenaxe polo centenario do nacemento do Nobel Camilo José Cela, celebrado no prestixioso Instituto Cervantes de Madrid, estreando obras do compositor Eduardo Rodríguez-Losada.
Asistíu a cursos de perfeccionamento con recoñecidos pianistas como Olga Smouchina, Albert Atenelle, Nino Kereselidze, Valentina Berman, Martyn van der Hoek, entre outros.

No plano pedagóxico, realiza o Máster de Musicoterapia na Universidade de Vic no ano 2011. Ademáis, no 2014 obtén o Máster en Educación e Formación do Profesorado na Universidade de Santiago de Compostela.

Actualmente é doctoranda de Xeografía, Historia e Historia do Arte na rama de historia da música, na Universidade de Santiago de Compostela, baixo a dirección do doutor D. Javier Garbayo Montabes, coa tesis “Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1886-1973): Vida y obra musical” e é membro do I+D+I: Fondos documentales de música en los archivos civiles de Galicia (1875-1951): ciudades del Eje Atlántico (HAR2015-64024-R).