MARCOS CORBACHO PAZ

Percusión

 

maxresdefaultNace en Pontevedra no ano 1973. Aos 10 anos de idade comeza a súa andadura no mundo das bandas de música e aos 12 anos cursa os seus estudos de percusión clásica no conservatorio de Pontevedra e, posteriormente, no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde remata os seus estudos co profesor Carlos Castro obtendo o título de Profesor Superior de Percusión.

A sua carreira profesional comeza tocando en Bandas de Música, Orquestras, grupos de música Pop, Rock, Jazz, Funk, etc… Graba discos como músico de sesión para diferentes bandas, artistas e facendo música para a televisión, tanto como batería como percusionísta.

Durante varios anos combina os estudos de percusión clásica cos de batería na Escola de Música Creativa de Madrid, recibindo clases do maestro Carlos Carli.

Asiste a cursos, clinics e masterclases de batería con Salvador Niebla, Akira Jimbo, Angel Crespo, Pedro Barceló, Gregg Bisonette, Yoel Páez, José Bruno, entre otros. Tamén participou no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

No apartado clásico, participa en diferentes formacións como músico convidado como a Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Vigo 4:30…, asiste a diversos cursos de interpretación, composición, música de cámara, etc.

A súa actividade docente iniciase no ano 1997, traballando en escolas de música e conservatorios de música. Dende o ano 2005 traballa como docente nos conservatorios Profesionais de Vigo e Pontevedra e nos Superiores de A Coruña e Vigo.

Na actualidade imparte clases de percusión no Conservatorio Profesional de Música de Vigo e no Conservatorio de Música Elemental de Cambados.