LUCÍA VERDE LAREU

Guitarra

 

_dsc0121Nace en Vigo en 1984. Con dez anos de idade comeza os seus estudos de guitarra no Conservatorio de Música de Vigo, baixo a supervisión do mestre Román González. Con él cursa o Grao Elemental e parte do Grao Profesional, que remata con Antonio Rocha no ano 2004. En xuño dese mesmo ano, accede ao Conservatorio Superior de Música de Vigo onde continua a súa formación, co xa mencionado Antonio Rocha, e con Margarita Escarpa.

Nese tempo, complementa a súa formación como guitarrista asistindo a diversas Master Class e Cursos de Perfeccionamento Instrumental con reputados profesores como: David Russell, Fabio Zanon, Gerardo Arriaga, Eros Roselli, Olga Arzilli, Ana Jenaro, Enrique Solinís ou Agustín Lage, entre outros.

Nos anos 2006 e 2007 participa nos cursos de Improvisación de Salamanca organizados polo IEM e no ano 2008 na Escola de Verán “MásKeMúsica” de Málaga.

Unha vez rematados os seus estudos regrados, cursa o “Master Universitario en Formación do Profesorado” pola UNIR, así como cursos de «Programación de unidades didácticas» e «Intelixencia emocional aplicadas á ensinanza do instrumento» a través do Campus Virtual de IFIDMA.

Entre os anos 2008 e 2010 traballa como mestra de guitarra, linguaxe musical e música e movemento na Aula de Música Compás de Vigo.

De 2010 a 2012 é profesora de guitarra na Escola de Música de Salceda de Caselas e dende 2010 traballa tamén na Escola de Música Municipal de Meaño, onde actualmente está impartindo as materias de guitarra e linguaxe musical.

No ano 2015 incorpórase como mestra de guitarra á plantilla do CMUS Municipal de Cambados.

Como solista ten colaborado con prestixiosas Bandas de Música da provincia de Pontevedra como: a Banda Municipal de Silleda, Banda Municipal de Pontevedra e Banda Unión Musical de Meaño.

Entre os anos 2002 e 2014 foi cooperadora de dirección do Coro Infantil “El Carmen” de Vigo e ten participado en diferentes talleres e concertos didácticos en colexios da comarca de Vigo.