JUAN PORTELA VARELA

Trombón

 

10294229_10152452986987754_5248348173490552498_n-1Nace en Meaño en 1987 e ós 7 anos de idade comeza a estudar música na Escola de Música Municipal de Meaño da man de D. Daniel Portas González.

Con 11 anos entra a formar parte da Banda Unión Musical de Meaño. Obtén o título de Grao Profesional de Música no Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra no ano 2009 sendo o seu mestre D. Luís Juncal Piñeiro. Nese mesmo ano diplómase na titulación de Ciencias da Educación na especialidade de Educación Musical pola Universidade de Vigo.

Asiste a diferentes cursos de perfeccionamento do trombón con distinguidos mestres entre os que destacan: Scott Hartman, Christian Lindberg, Rubén Prades, Jay Friedam, Francisco Rosario, Unai Urretxo, Alberto Urretcto, Koi-chiro Yamamoto, Iago Rios, Santiago Blanco, Anibal Sousa, Eyving Sommerfelt, Faustino Nuñez, Petur Eiriksson, Ximo Vicedo, Feliciano Morales, Antonio Lloret, Byron Flucher, entre outros.

Durante o 2007 e 2008 é elixido pola Xoven Orquestra da Sinfónica de Galicia para asistir a diversos encontros con esta formación.

Estudou o Grao Superior de Música no Conservatorio Superior de Vigo cos mestres D. Jesús Vicente e D. Jose Pons.

Na actualidade é mestre de trombón na Escola de Música de Salcedo (2007), mestre de Linguaxe Musical, Inicio a Linguaxe Musical, Música e Movemento e trombón na Escola de Música Municipal de Meaño (2008), director da Escola de Música Municipal de Meaño (2014) e mestre de trombón da ESMU e CMUS Municipais de Cambados (2016).