JOAQUÍN HUCHA UCHA

Piano e L.M. ESMU

 

joaquin fotoNace en Asturias e comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Valle del Nalón.

Obtén a titulación superior na especialidade de piano no Conservatorio Superior de Vigo da man dos mestres Pablo Rodríguez e Arabel Moraguez.

Dende moi novo asiste a cursos de perfeccionamento instrumental e masterclass impartidos por reputados instrumentistas ó longo de toda a xeografía española como por exemplo: Dolores Castillo, Pablo Diago, Natalia Mazoum e Lilian de Arredondo.

Ten colaborado no Ciclo de Concertos das “Rutas del Romántico” e ofrecido recitais en Ponferrada, Pontevedra e Vigo.

Tamén posúe experiencia como pianista acompañante, formando parte de agrupacións camerísticas e coa Banda de Música de Arcade.