DIEGO ROSAL CHAVES

Percusión

img_20170106_112153Nace en Meaño no ano 1983. Comeza os seus estudos musicais aos 10 anos de idade na Escola de Música Municipal de Meaño. Un ano despois, iníciase na percusión co mestre Rubén García Ferreira e continua con Daniel Riveiro Hermo.

Realizou diversos cursos de perfeccionamento instrumental con reputados profesores como: Diego Ventoso Fernández, César Peris, Juan Collazo, Lester Rodríguez e Roberto Oliveira Ogando, entre outros.

No ano 2003 logra a praza de percusionista na Banda de Música de Pontevedra. Na actualidade ocupa o cargo de Presidente da mesma.

No ámbito bandístico colabora con Bandas de Música de toda a xeografía galega así como coa Orquestra Filharmónica “Cidade de Pontevedra” e a Hulencourt Soloist Chamber Orchestra de Bélxica.

En Xullo do 2009, remata os seus estudos de Grao Profesional no CMUS Profesional de Santiago de Compostela da man do mestre Ton Risco. Na actualidade estuda o 4º curso do Grao Superior no Conservatorio Superior de Música de Vigo, da man dos especialistas Carlos Castro e Vicent Grau.

No aspecto pedagóxico, imparte aulas de percusión na Escola de Música Municipal de Meaño, na Escola de Música Municipal “Pepe Silva” de O Grove e na ESMU e CMUS Municipais de Cambados.