DAVID OTERO DOMÍNGUEZ

Violonchelo

 

davidoteroInicia os seus estudos musicais aos 7 anos de idade na Escola de Música Municipal de Meaño e aos 9 anos entra a formar parte da Banda Unión Musical de Meaño e supera a proba de acceso ao Conservatorio Profesional de música Manuel Quiroga de Pontevedra na especialidade de violonchelo para cursar o Grao Profesional.

No 2009 e 2010 obtén matrículas de honra nas especialidades de violonchelo e música de cámara e consigue a praza de alumno activo na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela, onde recibe aulas do profesor Plamen Velev. En 2016 finaliza o Grao Superior no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Complementa a súa formación asistindo a Master Class e cursos de perfeccionamento instrumental con reputados Mestres como: Iagoba Fanlo, Barbara Switalska, Alexander Osokin, Daniel Müller-Schott, Susana Stefanovich e Gabriel Tanassescu, entre outros.

Actualmente estuda baixo a tutela do prestixioso violonchelista Thomas Pel.

Imparte clases nas Escolas de Música de Meaño, Vilaboa, Salcedo, Sanxenxo e no Conservatorio e Escola de Música Municipais de Cambados.

Como instrumentista, colabora coa Orquestra Filarmónica Cidade de Pontevedra, coa Orquestra da EAEM, con Young Hokkaido Philarmony e Orquestra XOVE 430.

É músico federado da Banda Unión Musical de Meaño e membro da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares.