DAVID ABAL ROSALES

Trompeta

 

david-abal_okOrixinal da vila de Marín, iniciou os seus estudos musicais aos 8 anos de idade no Conservatorio de Música de Pontevedra, sendo o instrumento escollido por tradición familiar a Trompeta. Neste período, fórmase cos profesores Carlos Herrera, Javier Viceiro Filgueira, Luís González Amosa, rematando o Grao Profesional con Francisco Mora Soto.

En 2006 remata os seus estudos de Formación Profesional, obtendo a titulación de Técnico Superior en Desenrolo de Aplicacións Informáticas. Ao mesmo tempo, remata os seus estudos musicais de Grao Profesional obtendo praza no Conservatorio Superior de Música de Vigo, na especialidade de trompeta. Neste centro estudou baixo a tutela de Xosé Pérez, Luís González Amosa, Adolfo Caride e Javier Viceiro (por orde cronolóxica). Obtendo en 2011 o Título Superior de Música na especialidade de Trompeta.

Fai cursos de perfeccionamento instrumental con mestres da talla de: José María Ortí Soriano (O.N.E.), Benjamín Moreno Fernández (O.S.R.T.V.E), Javier Simó (R.F.G), Perry Hoogendijk (Real Concertgebouw), Luis González, Esteban Batallán Cons (O.C.G), Rubén Simeó.. entre outros. Tamén realiza cursos de dirección de banda e análise impartidos polos mestres: José Rafael Pascual-Vilaplana e Franco Cesarini.

Foi membro de diversas bandas de música, incluíndo a banda Ateneo Santa Cecilia de Marín e Banda Municipal de Vilagarcía. Colabora regularmente con moitas bandas de recoñecido prestixio en toda a xeografía galega, como a Banda de Música de Pontevedra, Banda Municipal de Silleda, Banda de Música de Meaño, Banda de Música de Sanxenxo, Banda de Música de Matamá, Banda de Música de Coruxo, etc. coas que obtivo diversos premios en certames nacionais e internacionais.

Dende o ano 2000, é membro activo da Banda de Música de Salcedo. Igualmente colabora con orquestras sinfónicas como Orquesta Sinfonieta de Vigo, Orquesta do CMUSMQ, Orquesta do CSMV, CREA Orchestra Amsterdam e de formacións doutros estilos musicais como a Pontejazz big band, grupos de cámara .. etc

Traballou con directores da talla de: José Rafael Pascual-Vilaplana, Marcell Van Bree, Franco Cesarini, Hardy Mertens, Javier Viceiro Filgueira, Andrea Loss, Bram Sniekers, Luís A. Amosa González, Rafael Agulló Albors, Juan Lois Diéguez, Martijn Pepels, Fernando Raña Barreiro, Fermín Feijoo, Alfredo Sánchez Murcia, etc.

Dende moi novo imparte aulas de trompeta en diversas escolas de música, como a Escola Municipal de Música de Porriño, Escola de Música Amadeus, Conservatorio Elemental de A Guardia, entre outras.

Durante o ano 2011 e ata o remate do curso 2014/2015 exerceu o cargo de Director da Escola de Música de Salcedo, con 11 mestres e máis de 180 alumnos matriculados por curso.

Actualmente é profesor de trompeta na Escola de Música Salcedo (2006), onde tamén foi mestre de Linguaxe Musical e Análise. Ademáis profesor de trompeta na Escola de Música de Vilaboa, profesor de trompeta e director da Banda da Escola de Música de Coruxo, e profesor de trompeta na ESMU e CMUS Municipais de Cambados.