DANIEL FIGUEIRA BELLO

Trompa, Banda Infantil, Banda Xuvenil, L.M. ESMU e L.M. CMUS

 

danielfigueirbelloNado en Catoira (Pontevedra) no ano 1986. Comeza os seus estudos musicais aos once anos de idade na escola de música do seu pobo. En xuño de 2011 remata os seus estudos de Grao Superior no Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias (CONSMUPA) cos mestres J. Rodrigo Roglá, Manuel Revert e Alberto R. Ayala, obtendo as máis alta calificacións.

Master en Educación Infantil e Intelixencias Múltiples pola UNED.

Master en Educación Secundaria, antigo C.A.P. (Curso de Adaptación Pedagóxica), que o capacita para dar clase na E.S.O. e Bacharelato.

En novembro de 2006 gaña o V Certame de Xoves intérpretes solistas “José Valcárcel” na modalidade de dúos xunto co trompista Daniel Otero.

Nos cursos académicos 2007/08 e 2008/09 forma parte da Joven Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias (JOSPA) como músico bolseiro.

Forma parte do proxecto orquestral “Mládez v akci” que ten lugar na República Checa no verán do ano 2009, onde participa como trompa principal.

Participa como alumno activo nas Clases Maxistrais organizadas polo Centro Niemeyer (Avilés) impartidas polos mestres da The Academy, un programa do Carnegie Hall, da Juilliard School e do Weill Music Institute en colaboración co Departamento de Educación da cidade de New York, durante o ano 2010.

Dende pequeno asiste asiduamente a cursos de perfeccionamento e masterclass impartidos por distinguidos trompistas como: Marie Luise Neunecker, Bernardo Cifres, J.L. Morató, Radovan Vlatkovic, Rodolfo Epelde, Nury Guarnaschelli, J.M. González Diego, Alfredo Varela, Xulio Varela, Gustavo Castro, Benjamín Iglesias, Oscar Sala, Estefanía Beceiro, Jordi Ortega, etc.

Ten colaborado coa Orquesta Oviedo Filarmonía, Orquesta Clásica de Oviedo, Orquesta Sinfónica Ciudad de Gijón, Sabugo Filarmonía (Avilés), Joven Camerata Filarmónica (JOCAFI), Orquesta e Banda Sinfónica del Conservatorio Profesional de Música de Oviedo, Orquesta e Banda Sinfónica del Conservatorio Profesional de Música de Gijón, Orquesta Sinfónica de Melide, Orquestra Clásica de Pontevedra, Banda Municipal de Pontevedra, Banda Municipal de A Coruña, Banda Municipal de Santiago de Compostela (coa que participa na gravación do disco conmemorativo do seu “160 Aniversario” en outubro de 2009), Banda Municipal de Oviedo, Banda Municipal de Gijón, Banda Intercomarcal de Melide, Banda de Música de Pontevedra, entre outras.

Durante os meses de xuño, xullo e agosto do ano 2013 é contratado polo Concello de Santiago de Compostela como trompa funcionario interino para a Banda de Música Municipal de Santiago cubrindo unha situación de IT.

Tocou baixo a dirección de mestres da talla de: Johan de Meij, Rubén Gimeno, A. Valero Castells, J.R.P. Vilaplana, J.L. Temes, Josep Vicent, Andreas Prittwitz, Juan María Cué, Óliver Díaz, R. Agulló Albors, David Fiúza, …

É membro da Banda Filharmónica de Galiza, da Banda Sinfónica da FGBMP (2005 – 2014), do Ensemble de Trompas Consmupa, do Quinteto Clásico do Salnés, do Quinteto Clásico Sforzato, do Quinteto de Metais Breogán Ensemble, do Ensemble de Trompas de Valga e é músico federado da Banda da Escola de Música de Rianxo.

Forma e formou parte do equipo docente (como mestre de trompa, trompeta, música e movemento, linguaxe musical, educación vocal e auditiva, música de cámara, corom banda infantil, banda xuvenil, …) de varias escolas de música da súa comarca como:
– Conservatorio Municipal de Grao Elemental e Grao Profesional de Arzúa (2011 – 2014)
– Escola de Música e Conseratorio Municipais de Cambados (2007 – actualidade)
– Escola de Música Municipal “Prudencio Romo” de Lousame (2010 – actualidade)
– Escola de Música Artística de Arcade (2007 – 2012)
– Escola de Música “José Laguarta Gracia” de Portas (2010 – 2012)
– Asociación Músico Cultural SOLFA de Santiago de Compostela (2009 – 2016)
– Escola de Música Municipal de Meaño (2011 – actualidade)
– Escola de Música Municipal de Outes (2013 – actualidade)
– Escola de Música de Salcedo (2014 – actualidade).

En xullo de 2014 participa como docente, xunto co mestre Benjamín Iglesias, no I ENCONTRO DE XOVES TROMPISTAS, dirixido a estudantes de trompa menores de 15 anos que ten lugar en Catoira.

En setembro de 2016, forma parte do claustro de profesores, como especialista de trompa, no I ENCONTRO DE BANDAS INFANTÍS E XUVENÍS DE GALICIA celebrado en Bergondo e organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares.

Dende outubro do ano 2011 é director da Escola de Música de Vilaboa, onde tamén é docente e fundador, director da Banda de Música de Vilaboa e xefe de estudos da ESMU e CMUS Municipais de Cambados.