ANTÍA GARCÍA DÍZ

Violín, Viola e Orquestra de Cordas

antia2_okComeza os seus estudos musicais á idade de cinco anos na especialidade de piano e á idade de sete anos inicia os de violín despois de amosar un especial interés por este instrumento.

Cursa o Grao Elemental e Profesional no Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra, finalizando o Grado Profesional sendo alumna de Sergio Heredia. Posteriormente trasládase a Oviedo para cursar os seus estudos superiores baixo a dirección de Yuri Nasushkin no Conservatorio Superior de Música Eduardo Martínez Torner de Oviedo, obtendo o Título Superior de Música na especialidade de violín no ano 2011. Conta con estudos de Máster e interésase por unha formación continuada no ámbito pedagóxico.

Completa a súa formación con recoñecidos violinistas como: Lutsia Ibragimova, Robert Canetti, Héctor Corpus, Valeria Nasushkina, Sergey Teslya, Francesco Solombrino e Marco Terlizzi entre outros.

En 2009 recibe unha beca para trasladarse a Toronto onde recibe consello de James Wallenberg e realiza traballos de grabación en proxectos discográficos.

Mestra de Violín, Linguaxe Musical e Orquestra en Conservatorios e Escolas de Música da provincia de Pontevedra e profesora de Violín da Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela.

Foi membro da Orquesta Clásica de Asturias, Ensemble Ars Mundi, Joven Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias, Joven Orquesta de Cámara Fundación Príncipe de Asturias, entre outras, e colaborou con orquestras como a Orquesta Ciudad de Alcalá, Joven Orquesta Sinfónica de la Comunidad de Madrid ou Joven Orquesta Sinfónica de Soria.

Dende 2012 ata a actualidade é violinista na Orquesta GAOS e colabora asiduamente coa Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, ademáis de interesarse por desenvolver unha constante actividade na música de cámara.

Actualmente combina a súa paixón como docente ao tempo que desenvolve unha intensa actividade instrumental participando en recoñecidas agrupacións sinfónicas e camerísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.