ALEJANDRA RIVERA FERNÁNDEZ

Fagot

 

12916164_10208555615743084_518465470335152016_oComeza os seus estudos musicais aos 10 anos de idade, obtendo a Licenciatura no Conservatorio Superior de A Coruña no ano 2012.

Desde o 2012 ata o 2014 realiza o Máster de musicoloxía e interpretación da música antiga na ESMUC (Barcelona) na especialidade de fagot barroco, e no ano 2014 obtén a Licenciatura en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de La Rioja.

No ano 2015 realiza o Máster online en formación do profesorado de Secundaria e Bacharelato na especialidade de música, impartido pola VIU.

Foi membro da Orquesta Xoven Sinfónica de Galicia (2007-2012), da Banda Municipal de Betanzos, da Orquesta GAOS de A Coruña, e actualmente da Banda Municipal de Valga.

Participou en varios encontros orquestais coa Nova Orquesta Galega das Artes e con Maximino Zumalave como director.

Realiza diversos cursos de perfeccionamento con diversos mestres: Steve Harrisgangler, Álex Salgueiro, David Tomás, Juan Enrique Sapiña, Javier Aragó, Guillermo Salcedo, Josep Borrás y Donna Agrell entre outros.

Actualmente é profesora de fagot nas ESMU de Meaño, Rianxo, Barro e Cambados, e de linguaxe musical e fagot nas ESMU de Catoira e Valga.