A nosa historia

A Escola de Música inicia a súa actividade a mediados dos anos de 1980 dando continuidade á tradicional “Academia” de música que viña sostendo históricamente a Banda de Música de Castrelo, nesta parroquia do Concello de Cambados; as especialidades instrumentais que se ofertaban eran as a-nosa-historiapropias da banda de música, ampliándose posteriormente a outros instrumentos e mantendo a actividade na parroquia de Castrelo. No curso 2002/2003 a Escola sofre unha fonda reorganización e trasládase ás instalacións recén inauguradas no Auditorio Municipal de A Xuventude, na vila de Cambados, ampliando o cadro de profesorado así como o alumnado atendido, e o número de especialidades ofertadas, e mellorando notablemente as condicións do servizo.

No curso 2004/2005, entra en servizo o Conservatorio Elemental, ampliándose novamente a oferta de prazas e de especialidades.

Na actualidade, o Conservatorio e a Escola atenden cada curso escolar a a máis de 200 usuarios e usuarias, procedentes de todas as parroquias do Concello e mesmo doutros concellos do entorno. Ase mesmo, manteñen unha estreita colaboración con outras moitas entidades culturais e musicais, entre elas coa Banda de Música de Castrelo, de donde naceran.

No curso 2014/2015, ao cumprirse o X Aniversario da creación do Conservatorio Elemental,  desenvoulvese unha programación especial, coa posta en marcha de eventos que teñen continuidade nos cursos seguintes: Encontro de agrupacións musicais de centros do entorno, programas de música monográficos, colaboracións especiais, etc.