Presentación

O Conservatorio Elemental e Escola Municipal de Música de Cambados é un servizo de titularidade pública, que ten como finalidade ofertar a tódolos usuarios e usuarias do concello e do seu entorno, a posibilidade de recibir formación musical especializada baixo calquera das posibilidades propias destes centros

O Conservatorio

A Escola de Música Municipal de Cambados consitúe o último chanzo na longa historia da academia de música da Banda de Castrelo. No ano 2002 abríu as instalacións na actual sé do edificio da Xunventude de Cambados. No ano 2004 inaugurouse na mesma sé o Conservatorio Elemental de Música.

A Escola de música

As ensinanzas da Escola de Música non están submetidas a un plan de estudos regrado.O alumnado pode cursar só materias non instrumentais (Música e Movemento, Linguaxe Musical).

Actividades

O Conservatorio e Escola de Música desenvolven un amplo programa de actividades de promoción e difusión das ensinanzas, con carácter ordinario ou extraordinario. Nesta páxina poden atopar puntual información de todas elas así como imaxes e vídeos das mesmas.
Este sitio web utiliza cookies para proporcionar unha mellor experiencia de navegación para o usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de uso das cookies. Máis info... | Pechar